981 59 28 38 r2academia@gmail.com

A Academia R2 está especializada en impartir clases de lingua galega a alumnos de tódalas idades que desexen aprender galego.

Con motivo da seguinte convocatoria dos exames CELGA 2 e 4 , iniciamos cursos de aprendizaxe e repaso de lingua galega para afrontar esta proba e superala con éxito.

As clases son moi reducidas e ofrecemos a tódolos alumnos ou alumnas todo o noso material didáctico para que preparen os exames ademais de exercicios adicionais que logo se corrixen de xeito individual.

Se estás interesado ou interesada en asistir aos nosos cursos, non dubides en chamarnos ou pasar pola Academia R2 ubicada en Montero Ríos en Santiago de Compostela para informarte sen compromiso.